Vellos Tempos; A Festa De Aniversario

ISBN
9788483023624
Idioma
Gallego
Nº de páginas
192
Formato
Rústica
Colección
Os libros do Centro Dramático Galego
12,85€

Sinopse Manuel Vieites García fixo a tradución de Vellos tempos e A festa de aniversario, dúas das máis representativas pezas de Harold Pinter, un dos autores máis trascendentais da dramaturxia inglesa contemporánea, que ocupa un lugar central na historia da literatura dramática do universo mundo. Pinter, membro de Amnistía Internacional, ten alentado a creación de moi diversos foros de debate, sempre na defensa dos dereitos civís, da liberdade de expresión e contra a censura. Situado inicialmente pola crítica no ámbito do que se deu en chamar “teatro do absurdo”, a súa obra reborda calquera tentativa de etiquetado e constitúe unha singular aproximación ao estudo da conduta humana e unha denuncia permanente das diferentes maneiras en que o totalitarismo invade e se instala na vida cotiá