Sinopse ... aquel veredicto que o vate Manuel Antonio dictou no medio dunha conversa: "Se é verdade que o poeta pode finxir a súa dor ata o punto de confundir na súa retórica a dor sentida coa imaxinada, ¡qué non tentará para finxir que é verdadeiramente súa a obra que escribe, cando en realidade non resulta máis que un compendio, enciclopedia, pouco a pouco e intencionadamente transformada, do que foi zugando, como unha sambesuga, no corpo dos signos! Non existen os poetas; como moito, e permítaseme a dúbida, existe a poesía" -sentenciou, e seica acendeu unha cachimba. RAÚL GOMEZ PATO