Versos A Compostela. (Bilingue)

Autor
Rosalia De Castro
Editorial
Alvarellos Editora Técnica
ISBN
9788489323209
Idioma
Gallego
Nº de páginas
122
Formato
Rústica
17,00€

Sinopse Versos a Compostela reúne por vez primeira –e en edición bilingüe– os poemas nos que a cidade de Santiago é o referente lírico e existencial de Rosalía de Castro (1837-1885). Nestas páxinas gozaremos da poeta en estado puro: intimista, moderna e turbadora. Xunto aos versos, antigas fotografías dun Santiago contraditorio, de “sombras queridas” mais tamén de “sombras odiadas”. Helena Villar Janeiro é a responsable da edición literaria e tradución dos textos de Versos a Compostela, mentras que Xesús Rábade Paredes asina un clarificador estudo introdutorio. O RETRATO INÉDITO DE FENOLLERA Esta edición enriquécese, así mesmo, coa recuperación dun retrato inédito de Rosalía: o busto realizado arredor de 1904 polo pintor José María Fenollera. O orixinal está perdido e unha copia foi exposta por vez primeira en 1985 no escaparate do fotógrafo Guitián, na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela