Dúas voces alternándose? Unha voz que resulta da unión de dúas voces? Ou un libro de versos escrito a catro mans?E con eles, Juan Ramón Alonso, o ilustrador que nos achega as súas mans de artista.[Fragmento do limiar, de Antonio Rubio] Dous poetas, o galego Antonio García Teijeiro e o andaluz Juan Carlos Martín Ramos, unen as súas voces amigas nesta obra coralá que se suma o ilustrador Juan Ramón Alonso, artesán da imaxe gráfica que potencia o lirismo destes versos. Versos que saben,arrecenden e soan a mar, para contemplalo e soñalo: vento, ondadas, caracolas, horizontes lonxanos, noites e lúas.