Versos Escollidos Wislawa Szymborska

Autor
Wislawa Szymborska
Editorial
Edicións Positivas
ISBN
9788492116287
Idioma
Gallego
Publicado
2011
Nº de páginas
323
Formato
Rústica
Colección
Diversos
18,00€

Wis?awa Szymborska, poeta polaca, é considerada unha das voces máis singulares do seu país. Naceu en Kórnik, Polonia, o 2 de xullo de 1923. Trasladouse coa súa familia a Cracovia en 1929 onde se asentará de forma definitiva. Estudou Filoloxía Polaca e Socioloxía despois da Segunda Guerra Mundial na Universidade Iaguelónica de Cracovia. Dedícase desde entón ao exercicio literario, consagrada esencialmente á poesía, aínda que tamén á crítica e ao ensaio en diversas revistas literarias e xornais. Coas súas primeiras publicacións de poesía conseguiu situarse nos primeiros planos do panorama literario europeo e hoxe en día é considerada unha das maiores voces da poesía contemporánea. A súa obra tivo unha ampla difusión a nivel internacional. Entre os recoñecementos que recibiu destacan o Premio Goethe (1991), o Premio Herder (1995), o título de Doutor Honorífico da Universidade Adam Mickiewicz de Poznan' (1995), o Premio do PEN Club Polaco (1996) e obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1996.