Vestíbulo Da Desvastación

Autor
Rosa Enriquez
Editorial
Espiral Maior
ISBN
9788496475618
Idioma
Gallego
Nº de páginas
68
Formato
Rústica
Colección
Espiral Maior poesía
13,00€

Sinopse Abrindo estas páxinas damos paso ao que é o vestíbulo (umbral, anteporta) da casa poética dunha nova voz feminina no inmoble galego. Un novo apartamento que ten aquí angostos corredores, cuartos orfos, abafantes decoracións de cartón pedra, mobles baleiros coma ventres estériles, pavillóns da derrota e sofás sobre os que derrubarnos. Pero é ao fin ao cabo un piso de nova construcción para os nosos ollos curiosos e aventurados. Para a nosa expectación, para unha sentimentalidade que non pode non se conmover ante o paseo, para esta emoción de lector/a á que nada lle ven sendo alleo nin estraño. Vestíbulo da devastación propón un proxecto poético e vital: procurar un espacio de liberación e de sosego. E facelo no verso, propiamente nas palabras de libros coma este. Poesía como territorio de emancipación e de ruptura coas opresións sociais, coas ataduras dun mundo cuadriculado. Poesía como paraíso real no que sermos por fin nós mesmos/as, oncle recoñecernos, onde atoparnos plácidamente cos nosos propios pronomes, coa deliciosísima liberdade e máis co amor