Sinopse
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo-Lugo, 1911–Vigo, 1981) reencóntrase en VIAJE A LUGO. PÁGINAS SOBRE LA CIUDAD cunha paisaxe vital e emocional: a cidade das Murallas, na que viviu anos decisivos. Nela recrea a súa pluma e sentimento.
A obra reúne 24 prosas onde o gran narrador se deixa seducir pola historia bimilenaria desta urbe, percorre os seus espazos máis amenos o evoca personaxes queridos como o trovador Esquío, o poeta Luís Pimentel ou o autor de relatos Ánxel Fole.
A súa pluma transita entre o xornalismo e a literatura, posuída quizás –e sublimada, tamén– polas propias brumas que, dende o río Miño, dibuxan esta cidade como un territorio para a fantasía.
Abre o volume —cuxo estudo e selección de contidos corre a cargo de María Xesús Nogueira, especialista no autor— un texto moi singular e tamén moi pouco difundido ata hoxe: o discurso de apertura do Bimilenario que Cunqueiro pronunciou o 25 de octubro de 1975, onde bautizou a Lugo como “la Roma del Finisterre”.
Se trata, en definitiva, dunha viaxe dende –ou cara a— esta cidade do suroeste europeo, onde a prosa de Cunqueiro vólvese, unha vez máis, universal.