Quizais sexa un lenzo moi estraño. Poida que sexa unha pintura pouco nítida. Para Xan, Manuel e Pedro non é maís ca unha noxenta mancha. Hanse arrepentir, ben seguro, de ter opinado deste xeito. A aterradora maxia do cadro intentará que cambien de parecer utilizando as máis estarrecedoras artimañas.