Visións De Darwin

Autor:
Daniel Soutullo
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788411101516
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
156
Formato
Bolsillo
15,50€

Charles Darwin é, por dereito propio, unha das grandes figuras da historia da ciencia. A súa teoría da evolución por selección natural significou un cambio fundamental no mundo da bioloxía e noutros campos das ciencias sociais. Coñecemos moi ben a vida e obra de Darwin grazas aos seus libros e á súa correspondencia. Con todo, fóra do mundo da bioloxía, a súa obra non é tan ben coñecida e a súa teoría malinterpretada en non poucas ocasións. «Visións de Darwin» é unha recompilación de ensaios que debuxan a súa personalidade desde os puntos de vista biográfico, científico e social. Os ensaios teñen un carácter divulgativo e tamén permiten un achegamento crítico á súa vida e obra.