Vista chinesa

Autor
Tatiana Salem Levy
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788411107174
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
Traductor
Helena González Fernández
Dimensiones
155 x 230 cm
16,50€

No ano 2014 percíbese no Río de Xaneiro a euforia pola inminente celebración do Mundial de Fútbol no Brasil e a cidade estase preparando para a acollida dos Xogos Olímpicos en 2016. Nese momento en que semella que prevalece a sensación dun tempo de esperanza, de autoestima e de felicidade social, Júlia, arquitecta, é vítima dunha brutal violación nun miradoiro do Río coñecido como Vista Chinesa. A protagonista, con intención de explicarlles á súa filla e ao seu fillo esta terrible situación vivida, crea un relato onde o tratamento do feito traumático está narrado cunha extremada delicadeza, poñendo o acento non tanto no atroz acto da propia violación como nas súas consecuencias, na profundidade da dor, nas súas dificultades por racionalizar o noxo que sente tras ser violada, no humillante e inxusto sentimento de culpa, na reacción das persoas máis próximas e tamén no trato desleixado por parte da Policía. Baseándose en feitos reais, Tatiana Salem Levy ofrécenos en «Vista Chinesa» unha excelente novela de sensibilidade e óptica feminista que dá voz a unha supervivente da violencia sexual. Unha obra ousada e audaz escrita cunha forza sobrecolledora.