Sinopse
Voces de vacas é un libro no que estes animais tan entrañables e achegados ó home galego toman a palabra e narran o mundo desde os seus ollos pacíficos e maternais. A Dourada, a Cereixa, a Garbosa, a Oliva, a Rubia... fannos partícipes das súas vidas, das súas relacións, da súa cotiá entrega ó traballo, dos seus medos. Neste pequeno e fermoso libro a tenrura e a dureza camiñan xuntas, compoñendo unha afectuosa e humilde homenaxe ós animais que o protagonizan.