XAIME ISLA COUTO. ENTRE O GALIZA CEIBE E O VENCERE

Autor
Marcelino Agís Villaverde
Editorial
Editorial Sept
ISBN
9788473370776
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
190
Formato
Rústica
Colección
VARIOS (SEPT)
Ilustrador (portada)
Fundación Isla Couto
21,00€

Hai capítulos do galeguismo sen escribir. Pezas da nosa historia política que merecen ser contadas e telas presentes. De aí xorde este libro sobre os feitos acaecidos na misa en lembranza de Rosalía de Castro, organizada polo Padroado Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval en 1969, acto relixioso e poético que se viña celebrando desde 1932. Mais aquel día de 1969 marcaría un feito diferencial pola detención e procesamento de Xaime Isla Couto, un respectado avogado, profesor universitario na Escola de Industriais de Vigo e intelectual galeguista vinculado a ese proxecto cultural, político e económmico que se chamou Editorial Galaxia. O éxito de Xaime Isla no proceso xudicial foi tamén un triunfo do galeguismo na longa noite de pedra do franquismo, como se conta neste libro.