Sinopse
En Xan Guindán, mensaxeiro preséntanos un neno que non gusta moito de andar cos libros. Máis ben, os seus ollos van sempre detrás dun carteiro de casco azul e relucente. Por iso, a súa vocación é ser mensaxeiro e andar nunha moto levando cartas e paquetes. Os pais deciden facerlle unhas probas e ver se de verdade serve para ser mensaxeiro.