Sinopse
Ninguén debería menosprezar o poder da maxia, sobre todo se vive no continente africano. Ó longo das nove vivencias deste libro, André Kaminski
móstranos que a realidade é moito máis vasta do que aparenta ser. O eivado que rexenta un bordel perdido no deserto quizais sexa un heroe de guerra, un mecánico de motores orixinario da Alsacia desvélase como o rexente de gran parte da África Ecuatorial, e un servente que aparenta ser un espía convértese no mellor aliado nas situacións límite.
André Kaminski escribe e describe todo o que presencia coa mirada obxectiva dun reporteiro; só así é posible mirar detrás da máscara africana e descubrir a verdadeira esencia deste misterioso continente.