Xeórxicas

Autor
XOSÉ RAMÓN BRANCO BUXÁN
Editorial
Rinoceronte Editora
ISBN
9788419795700
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
135
Formato
Rústica
Colección
vetera
Traductor
Lucía Gómez Fariña
Dimensiones
22 x 14 cm
17,00€

A edición definitiva das Xeórxicas componse de catro libros, todos eles de extensión semellante, arredor dos cincocentos versos. O libro primeiro ábrese cunha dedicatoria a Mecenas na que o poeta introduce xa os temas dos que vai tratar ao longo da obra: traballo da terra, cultivo da vide, gandería e coidado das abellas. O libro segundo comeza cun himno a Baco, deus do viño, pois nesta parte da obra tratarase do cultivo e do coidado das viñas, aínda que tamén das árbores silvestres e froiteiras, e mais das oliveiras. O libro terceiro ábrese cunha nova invocación aos deuses, desta volta a Pales e a Aristeo. Virxilio advirte de que non tratará temas heroicos, de sobra coñecidos polos romanos, senón que abrirá un novo camiño coa súa poesía; vai traer as Musas de Aonia, isto é, da terra de Hesíodo. Virxilio comeza o libro cuarto advertindo de que vai falar sobre o mel, e pedíndolle a Mecenas que atenda tamén a esta parte. O sentir que subxace á obra é a dignificación do traballo do labrego. Como o propio Virxilio afirma, o campesiño sostén a patria dende o campo, que é unha fonte de alimento para todos. Na Roma contemporánea, azoutada polas guerras civís, é necesario deixar de fundir apeiros para forxar armas; o labrego ten que volver ao seu traballo, que certamente é duro pero necesario. O traballo sen descanso vese recompensado, en certa medida, pola vida tranquila que leva o labrego, afastado das preocupacións que traen a riqueza e o éxito social, retirado en paraxes naturais que o invitan a vivir feliz, satisfeito xa só polo simple feito de ser quen de procurar o seu propio alimento. O labrego, ademais, conserva os preceptos dos antepasados, respecta o culto aos deuses e coida da súa familia. As Xeórxicas están escritas en hexámetros dactílicos, mais na nosa tradución optamos pola prosa ante a imposibilidade de crear un texto en galego que mantivese a métrica orixinal e permitise unha lectura fluída.

novedades (46)