Sinopse
O traballo de investigación e a importancia de achados como o poemario que no libro se amosa ao público por primeira vez, concilian a xenerosidade recompensada do esforzo científico e a rehabilitación da relevante figura que Forcadela revela agochada polos tempos.
Do conxunto de documentos de Ramón Otero Pedrayo depositados na Fundación Penzol, sobresaen estas tres versións inéditas dun poema, "Xeórxicas do pan", que, tanto pola súa extensión como pola súa calidade literaria, o confirman como un dos grandes poetas do seu tempo. Un libro imprescindible para comprendermos a tradición lírica galega contemporánea.
Edición promovida pola Fundación Penzol e patrocinada polo Consello Social da Universidade de Vigo