A xeada negra narra as aventuras dun polifacético personaxe, reciclado en detective privado, cun disparatado 'axudante' que recibe o encargo de investigar o pasado dunha muller morta. O escenario da investigación transcorre entre Lugo e Vigo, rodeado de personaxes rocambolescos e enigmáticos. Trátase dunha novela de acción chea de suspense e intriga que o cultiva con grande acerto e cun discurso moi fluido e vivaz.