Xela Volveuse Vampira!!
En Xela volveuse vampira!! aparece unha achega ao tema da violencia contra as mulleres desde os ollos dun neno. Un relato que sen dramatismo, pero con toda clareza, pon de relevo a manifestación máis dolorosa da desigualdade de xénero. Xela volveuse vampira!! forma parte da colección dirixida ao mundo infantil denominada ‘Contos da igualdade’ coa que Baía Edicións, a través de relatos orixinais e ilustrados a toda cor, pretende romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenas e nenos, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. A colección inclúe un dvd coa montaxe de sesións de contacontos que fan máis divertido o achegamento ao contido do relato proposto.