Sinopse
Nestes contos vive xente que o autor atopou nas encrucilladas da vida e da literatura.
Seres perdidos, extraviados, que chamaron a súa porta -e que agora chaman a do lector- porque queren existir na imaxinación doutro. Son personaxes encontrados, fillos do azar e da necesidade. Desde o eco fusco dos fuxidos por causa da Guerra Civil ao popular detective Nivardo Castro. Personaxes que decidiron habitar pola súa conta nestas páxinas e agardan a lectura como o verdadeiro destino da súa existencia.