Ter un fillo cámbiache a vida. Ter dous bebés pequenos de menos de tres, pulverízaa. Sen poder ir rodar, sen poder cumprir as esixentes planificacións propias do cinema, tiven de buscar unha vía de saída, unha creación de guerrilla. Das cinzas do meu traballo anterior naceron estas pequenas historias ilustradas que nun principio non tiñan máis interese ca axudarme no proceso da crianza. Xián naceu para contarlle ao meu fillo maior o que supuña ter un bebé na casa. O que nun principio era pouco máis ca un divertimento acabou converténdose en algo máis. Agora 3 anos despois, a primeira desas historias sae á luz coma unha pequena autoedición de 212 exemplares.