Xoán Branco e a gran revolta irmandiña

Autor
Fran Zabaleta
Editorial
Los Libros del Salvaje
ISBN
9788412767544
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
Colección
Historia Salvaxe
Ilustrador (portada)
Laura G. Loaisa
Peso
170 gr
Dimensiones
15 x 21 x 1 cm
11,90€

ESTA É A HISTORIA DUNHA REVOLUCIÓN E A DUN DOS HOMES QUE A FIXERON POSIBLE. Unha revolución como nunca antes se vira, capaz de pór o mundo do revés e de levar a paz e a xustiza a unha terra que só coñecía a miseria e a brutalidade. Un home que soñou un mundo mellor... e que non quedou de brazos cruzados. A guerra irmandiña A gran revolta irmandiña, que sacudíu Galiza entre 1467 e 1469, é un asombroso levantamento de todo un pobo contra a opresión e o mal goberno. En apenas uns meses, uns oitenta mil irmandiños alzados en armas —labregos, artesáns, pescadores, viláns, cregos, xudíos...— conseguiron derrotar á nobreza, que fuxíu a Castela ou Portugal, e facerse co control do reino. Por primeira vez na nosa historia, a xente do común tomou as rendas do seu destino. Foi a primeira revolta europea que conseguíu a implantación, aínda que por un breve período de tempo, dunha nova orde baseada na xustiza e a equidade. Á fronte estaban as Xuntas da Irmandade do Reino de Galiza, o antecedente da actual Xunta de Galiza, que artellaron unha organización que foi quen de facer fuxir aos nobres, extirpar o bandoleirismo, organizar a administración de xustiza, o poder militar e o cobro de tributos en representación do rei e impoñer a paz. A gran revolta irmandiña segue a ser a gran descoñecida da nosa historia como país. Non obstante, supuxo a fin da cabaleiría medieval en Galiza e abríu as portas á idade moderna. A revolta dos irmandiños é un acontecemento que expresa como poucos a forza da unidade da xente do común. Por méritos propios, forma parte dese reducido conxunto de xestas das que a humanidade enteira debe sentirse, con razón, orgullosa. Pois, ao cabo, a gran revolta irmandiña non é sino un chanzo máis na procura da liberdade e a dignidade humanas. A presente obra só ten unha pretensión: achegar, a través da figura dun dos impulsores deste movemento, aqueles trascendentais feitos dos que os nosos antergos foron protagonistas. Porque neles, nos sucesos deses anos, alenta o mellor de nós como país. Xoán Branco Xoán Branco, notario e escribán de Betanzos, foi o dirixente máis representativo da gran revolta irmandiña que sacudiu Galiza entre 1467 e 1469, o único capitán xeneral, que saibamos, que non procedía do estamento nobiliario, como sucedeu no caso de Alonso de Lanzós, Diego de Lemos e Pedro Osorio, os outros tres grandes nomes da revolta. Branco é citado polos documentos da época como deputado, representante ante o rei, capitán xeneral e, fundamentalmente, home honesto e cabal, amigo dos pobres e preocupado polos abusos dos señores. Aparece na memoria colectiva derrubando fortalezas, ordenando o axustizamento de malfeitores e acudindo ante o rei Henrique IV en representación dos irmandiños. Foi quen de agrupar a labregos, burgueses, artesáns, mercadores e cregos na defensa da paz e o bo goberno. A súa morte, tras a derrota da Irmandade, está rodeada de misterio. As fontes afirman que «o mataron», aínda que sen especificar quen nin en que circunstancias. A súa memoria perdurou no imaxinario popular como exemplo de home xusto e defensor dos humildes.