Xoaniña De Deus

Autor:
Guzmán Falcón, Alba Alba Guzmán Falcón,
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788411101707
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
160
Formato
Rústica
14,50€

Xoaniña estase esquecendo da súa vida, de feito nin tan sequera lembra o seu nome ou a idade que ten. Ao redor dela tan só xira a soidade, o medo e uns invisibles fíos que a manteñen atada á realidade. Unhas desconcertantes tatuaxes gravadas na pel e un vello diario con tapas de coiro negro son o facho que alumea os seus pasos, as pegadas que lle permiten regresar ao pasado para recorrer un tortuoso camiño ata chegar a un inesperado final. Narrada en dúas voces, «Xoaniña de Deus» é a historia da vida dunha muller diagnosticada de alzhéimer que necesita seguir viva. Amor, drama e un pouco de humor forman parte dun círculo de lembranzas que ela mesma debe pechar antes de que a súa memoria se apague para sempre.