Xogo De Apócrifos, Un

Autor
Xosé Carlos Caneiro
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788483021293
Idioma
Nº de páginas
376
Formato
Rústica
21,80€

Sinopse Como moitos, Silesio Braun é un deses escritores que leva toda a vida intentando rematar a súa primeira novela. Certo día recibe un regalo: os contos escritos por un home que llos concede para que poda editalos como propios. Nun hospital psquiátrico, Braun adícase á dobre tarefa de corrixilos (esa inesperada autoridade permítelle incluírse como protagonista de todos eles) e de continuar a redacción da súa interminable novela. Hai así dous planos, tan independentes coma empastados: os 36 contos e as anotacións de Braun (un caderno de bitácora no que se confunden tamén os parágrafos desa pretendida novela sobre a figura de Bach). Caneiro fai metaliteratura como xogo de espellos: a idea como un todo completo non é apreixable, non pode alcanzar configuración. Só hai fragmentos, textos da realidade absoluta. Braun convírtese en personaxe de si mesmo, como se estivese fronte a un espello multiplicado e nunca chegara a verse máis que coma copia de si mesmo. O concepto é barroco: o desexo de encarnar unha idea que nunca toma corpo máis ca de forma intertextual. Tamén, o desexo de Braun de escribir a novela, facendo variacións sobre un canon que nunca alcanza (no fondo é un intento de apreixar o infinito, que sempre se escapa. De aí, a súa amargura e a súa derrota). E, por esa utilización de varios rexistros -as citas, os contos e as codas ou anotacións finais-, a novela é contemporánea. Os tres rexistros aluden á mesma idea -a procura da beleza e da felicidade a través do acto creativo-, e non se sabe se quen o fai é Caneiro, Braun ou Parente. Esta transposición da autoría conecta tamén coa figura do dandi, o xogo coa propia apariencia para facela pasar por algo verosímil. Braun non é tan tolo como poda crerse. Acepta a simulación para chegar a rematar a súa novela, nun intento -por medio da literatura- de encontrar: a literatura como simulacro. A fin, é o que Caneiro propón: nunha novela importa a verosimilitude, non a súa realidade