Sinopse Xoguetes para un tempo prohibido, a primeira novela escrita por Carlos Casares, reúne nas súas páxinas unha obra de iniciación e unha crónica xeracional artellada a través dunha voz narrativa que vai debullando vivencias de nenez e mocidade. Novela equilibrada, ó tempo que audaz e renovadora, foi distinguida co Premio da Crítica Española de 1976.