Sinopse Xosé María foi mestre da República, libreiro, editor, escritor, profesor, articulista, arqueólogo, bibliófilo, conversador, conferencista, académico, galeguista, cronista de Vigo, ávido coleccionista, pai, voz da radio e erudito en moitos saberes. A presente obra retrata a súa etapa de formación en Tui e Pontevedra, os crueis desterro e exilio interior, os seus proxectos Monterrey e Castrelos asentado en Vigo, a súa obra de creación literaria e en definitiva a súa grandiosa presenza no século XX galego. Nesa medida trátase dunha homenaxe a quen ten un lugar entre as grandes personalidades das nosas letras e da nosa patria.