Sinopse París, exactamente ao pé da torre Eiffel. Alí decorre a historia que conta Xuntos e máis nada. A historia de catro persoas que pouco teñen en común, catro vidas perdidas que devalan no mundo ríspido da cidade, uns ninguéns. Catro sobrevivintes que van aprender a compartir os medos, as esperanzas, a tenrura, a amizade e, tamén, os desencontros. Anna Gavalda escribe dende a experiencia da fraxilidade do ser humano, ese delicado equilibrio entre felicidade e desalento, a cerna da que nace esta novela.