Á HORA SINALADA

Autor
RAFAEL CATOIRA
Editorial
Hércules De Ediciones
ISBN
9788419754974
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
96
Formato
Rústica
Peso
300 gr
Dimensiones
165 x 240 cm
18,00€

A emigración foi ata hai pouco unha viaxe natural dos galegos. Detrás do verde intenso dos fentos e dos toxos, detrás do verde gris das ondas do oceano, os emigrantes buscaron en America e logo nos países prósperos da Europa do seculo XX, os lugares aos que os empurrou a necesidade de mellora económica e a adversidade das circunstancias sociais. No pulo da epica de enfrontarse a vivencias alleas á súa idiosincrasia, non soamente souberon vivir coa dignidade do traballo -incorporáronse ás novas nacionalidades cunha mimetica axeitada-, se non que, ademais, foron quen de manter sempre a súa identidade. E volveron. Moitos regresaron. Esta e unha historia de "indianos", os que regresaron á nosa terra dos países de America.

novedades (110)