Sinopse
En 1947, Álvaro Cunqueiro regresa a Mondoñedo, onde permanece ata o ano 1960. Ábrese un período no que vai escribir a práctica totalidade da súa obra en galego posterior á Guerra Civil. Este ensaio pescuda nese novo universo creativo, nas súas causas e na mecánica do seu funcionamento.
A relación de Álvaro Cunqueiro coa lingua galega, o período de residencia en Mondoñedo (1947-1960) no que escribiu as súas obras narrativas fundamentais e as claves do mundo imaxinario do autor de Merlín
Velaquí algúns dos asuntos nos que este ensaio pescuda para achegar aos lectores unha visión nova da actividade literaria e un xeito diferente de analizar a realidade (lingüística e semiolóxica) da que xorde.