No Ventre Do Silencio

Autor
X.L. Méndez Ferrín Xosé Luis Méndez Ferrín X.L Méndez Ferrín
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788483023693
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
192
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
19,50€

# No ventre do silencio, ambientada na Compostela dos anos cincuenta, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular -leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista. No ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista, incardinado na tradición europea de J. P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima das imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea.