O Proxecto Común Da Nación Galega

Autor
Xosé Manuel Beiras XOSÉ MANUEL BEIRAS BEIRAS
Editorial
Editorial Laiovento Edicións Laiovento
ISBN
9788484873235
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
156
Formato
Rústica
Colección
Rustica
14,75€

Non cansarei de reiterar que unha nación non é un territorio, que incluso é un ingrediente prescindíbel para que exista unha realidade sociopolítica definíbel como nación. Elucidouno Otto Bauer hai cen anos: o territorio é un elemento básico para a existencia dun Estado, non dunha nación. Organizar o territorio do Estado ?analxésico para a dór de moas ?autoanémica?? non serve para artellar fontes de poder soberano dun Estado plurinacional. O proprio rótulo do Título VIII constitucional delata aos constituíntes españois. Por aí nunca terá solución o problema político da Galiza ?nen de calquer outra comunidade nacional con aspiración a autogobernarse. Nen na Penínsua malchamada ibérica, nen na Europa unida ou desunida, nen en ningún recanto do Planeta Terra. Pondal escribira: ?a luz virá para a caduca Iberia dos fi llos de Breogán?. Non contaba coa incurábel cegueira política celtíbera ?análoga, por certo, á das persoaxes da xenial novela do Saramago. ?Non nos entenden, non?: esa frase pondalián si que segue a ser un certeiro veredicto. Infortunadamente Xosé Manuel Beiras