Arto Paasilinna

Arto Paasilinna (Kittilä, Finlandia, 1942-2018) foi gardamontes, xornalista e poeta antes de converterse en novelista de culto no seu país, onde cada novo libro seu (xa máis de trinta) se vendía por milleiros.

A súa escrita, limpa e precisa, ten a capacidade de contar de forma cómica as historias máis tráxicas e desconcertantes, que ambienta sempre nunha natureza vista con respecto e amor, e protagonizadas polos seus prototipos de homes e mulleres finlandeses, algo anárquicos e individualistas.

Traducido xa a decenas de linguas, Rinoceronte publicou en galego O ano da lebreO muiñeiro ouveador e  O bosque dos raposos aforcados (este último tamén en novela gráfica).