Sinopse
Este Diccionario, neste primeiro volume, tenta ser unha contribución ós estudios de teoría e crítica literarias que se veñen desenvolvendo no noso ámbito cultural.
Centrado o volume no eido da Poesía, xa no título queda subliñada unha das súas fundamentais razóns de sentido, a metodolóxica. Tal quere dicir que no seu deseño se parte dunha proposta de sistematización do signo estético para, sobre ese modelo textual, artellar unha guía de asedio analítico organizado en dous grandes planos (forma interior / forma exterior), máis a consideración do paratexto e das formas líricas