Estilística Da Lingua Galega

Autor
Xosé Ramón Freixeiro Mato
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788499144986
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
576
Formato
Rústica
Colección
Manuais De Lingua Galega
29,50€

Sinopse Xosé Ramón Freixeiro Mato elaborou esta Estilística da lingua galega co obxectivo de ordenar e sistematizar os valores expresivos do idioma galego, dotándoo así dunha ferramenta de análise da cal outras linguas próximas xa dispoñen desde hai tempo. A obra, realizada fundamentalmente con base nos textos literarios contemporáneos, contribúe a unha posta en valor do noso patrimonio lingüístico-literario e do labor artístico dos escritores e escritoras, que conseguiron labrar artesanalmente a lingua nacional para tiraren dela toda a súa potencialidade expresiva. O arduo traballo de construción da lingua literaria galega a partir dun idioma desprestixiado, abandonado e ruralizado só desde o propio país pode ser hoxe recoñecido e reivindicado. Esta completa Estilística da lingua galega, cun tratamento pormenorizado e actual dos aspectos gráficos, fonéticos, morfosintácticos, léxico-semánticos e textuais, tórnase aínda nestes momentos oportuna, útil e necesaria, pois é particularmente nos seus valores expresivos onde se debe alicerzar o prestixio e o futuro do idioma galego, así como a autoestima dos seus usuarios e usuarias