A autora desprega toda a súa experiencia na narración breve atrapando ao lector a través do desenvolvemento psicolóxico dos protagonistas e a súa actitude fronte as situacións ás que ven enfrontados; unha muller con hipermnesia violada, o namoramento do sobrevivente dun accidente aéreo, a valentía dunha executiva na súa oficina ante un terrorista … A mente do ser humano, no medio da excepcionalidade, perfectamente reflectida grazas á habitual capacidade da nova “dama da novela negra” para engancharnos desde o primeiro momento, con austeridade narrativa pero coa carga emocional necesaria en cada liña.
O ilustrador, coa súa visión lírica, apoia e enriquece cada relato empapándose, con sutileza, na arquitectura dos mesmos pero sen coartar a imaxinación do lector nin traizoar ao texto, convertendo as súas pinturas, ao mesmo tempo, en indisolubles do mesmo.
Unha obra literaria excepcional convertida nunha xoia grazas á unión creativa de dúas mentes extraordinarias.