Infantil e xuvenil / Plan lector
por página

Pesadelo No Tren Chocolate
Sinopse
Iria e o seu irmán Lino van emprender a súa primeira viaxe en tren sós.
Cando o tren chega á estación, o avó Manuel osma un agoiro no aire. Parece coma se o tren Chocolate os estivese a advertir dun perigo inminente.

Descoñecidos
Dúas vidas que se cruzan de madrugada a través das redes. Un rapaz e unha rapaza que se entregan a un xogo misterioso: compartir os seus soños, as súas ilusións e os seus temores, pero non a súa identidade. Axiña darán o seguinte paso: unha cita ás cegas. Con todo, atoparse cun descoñecido sempre (...)

Gaivota Gourmet
Á gaivota Mori encántalle comer sempre no mesmo restaurante: o patio do cole!
Un conto de humor sobre como nos alimentamos.

A RAÍÑA DAS GAIVOTAS
Esta é a historia de Renata. Ela semella a típica veciña rosmona que sempre está de mal humor polo boureo que fan as gaivotas.Mais ás veces é certo que nos enrabechamos sen saber por que.Ou se cadra hai un porqué, só que aínda non sabemos cal é ?.Renata verase na obriga de recuperar a memoria do (...)

Unha volta ao mundo
Unha nena pídelle á súa avoa, profesora de Historia a piques de xubilarse, que lle relate «unha historia de verdade». E así, a avoa comeza a narrar a historia da volta ao mundo que no século xvi realizaron Magalhães e Elcano. As preguntas e observacións da nena converterán a crónica da antiga (...)

Setestrelo
Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos.
Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos. A súa (...)

Cabalgaremos Toda A Noite
A TRADUCIÓN DESTA OBRA CONTOU COA AXUDA DO INSTITUT RAMON LLULL
Carlota Gurt debuta na literatura con Cabalgaremos toda a noite, un talentoso libro que nos achega á liberdade, un abismo de desexos e medos ao que nos asomamos transitando por unha corda frouxa, con (...)

A LIGA DOS ROIBOS.(SHERLOCK HOLMES PEQUEÑOS
A liga dos roibos é o sexto título de Sherlock Holmes para pequenos detectives, unha colección amena e divertida cos mellores casos do detective máis famoso de todos os tempos. Grazas á súa narrativa áxil e ás rechamantes ilustracións axudará a consolidar o amor pola lectura dos máis novos. (...)

NOVO MUNDO:ISABEL ZENDAL NA EXPEDICION
Neste libro saberemos, en voz do seu fillo Benito, da determinación e forza de Isabel, da súa viaxe sendo nena á Coruña e do seu traballo cos expósitos do Hospital da Caridade, da crúa realidade que se vivía na cidade a finais do século XVIII e como chegou a formar parte da expedición do doutor (...)