KEUM SUK GENDRY-KIM
KEUM SUK GENDRY-KIM naceu en 1971 na vila de Goheung, na provincia coreana de Jeolla. Licenciouse en Belas Artes na Universidade de Sejong, en Seúl, e continuou a súa formación artística na École Supérieure des Arts Décoratifs de Estrasburgo. Viviu 17 anos en Francia, onde en 2012 comezou a publicar as súas primeiras novelas. Tamén ilustrou moitos libros infantís e traduciu centos de libros. Herba (2017) foi a súa primeira obra publicada en coreano e a que tivo maior proxección internacional, pois foi traducida e premiada en múltiples ocasións.