Sinopse
Di Ismael Ramos: “Entón escribir convértese nun acto de resistencia contra todo. Nun acto do corpo” E así lemos esta resistencia, que se renova en cada poema, non con intención de alumear a ferida ou sandar, senón como testemuño imposíbel “para recrear o movemento”.
Por que ler?
-Porque Ismael Ramos fai que escintilen algunhas palabras
-Porque cada corpo é un lume
-Porque se traza o que non pode ser escrito
-Porque cada poema é unha xeometría na que pendurarnos