Con “Feliz Idade”, Olga Novo tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue;entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos.