Nacionalismo E Imperialismo

Autor
James Connolly/Abel, trad., López Rodríguez
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788487847288
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
130
Formato
Rústica
Colección
Rustica
9,10€

“Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dos seus própríos recursos e poderes internos, e que non sofre restrición algunha na súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantes circunstancias salvo as restricións establecidas pola natureza. É iste o caso de Irlanda?. Se estivera en vigor o Home Rule Bill, sería iste o caso de Irlanda? Para ámbalas dúas preguntas a resposta é: non; máis enfáticamente. ¡NON!”. O texto que antecede forma parte dun artigo publicado por James Connolly no Worker’s Republic o 12 de febreiro do 1916. O 24 de abril dése mesmo ano sublévase Irlanda–en singular, Dublín–e proclámase a República. Connolly é vicepresidente do Goberno Provisorio. Na loita que se entaboa coas tropas inglesas, cai ferido e, a seguida, preso. Coa ferida engangrenada, os militares ingleses condúceno nunhas angarellas ante o pelotón de fusilamento. Era o día 12 de maio. Nas xornadas precedentes correrá a mesma sorte toda a élite dirixente do nacionalismo radical irlandés e da sublevación popular, na que caíran 1.351 compatriotas seus.James Connolly, nado en Edinburgh de pais irlandeses emigrados, Cristian e marxista, pacifista enfrentado aos socialistas que caíran na trapela da confrontación bélica do catorce, nacionalista“radical”, tiña daquela córenta e sete anos. Non cumpliría ...