Sinopse
É unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posquerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos.
O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódolas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor.