Pasaia Blues

Editorial
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788494121173
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
201
Colección
Narrativa
Traductor
Isaac Xubín
15,00€

Esta é unha novela negra e portuaria onde a poboación guipuscoana de Pasaia zumega escurantismo e clandestinidade. Ten a súa lóxica: a acción desenvólvese nos anos noventa, de aí esa atmosfera tan abafante e extrema, zarrapicada a cada canto coas máis diversas referencias cinematográficas e musicais. De aí tamén o acaído da súa estrutura fragmentaria, do seu discurso abrupto e dun conflito tan psicolóxico coma político que funciona como pano de fondo. Dunha banda, Marta e Olatz, as integrantes dun comando que se agocha nun piso de Pasaia, ás que máis tarde se haberá sumar un novo e inesperado membro. Da outra, o errante César Tellería, sempre ao asexo. O resto é violencia, iso si, sutilmente dosificada para un lector atento por Harkaitz Cano, un dos máis prestixiosos escritores contemporáneos das letras vascas.