Rigorosamente Humano

Autor
Manuel Álvarez Torneiro Lola Solla
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788415250890
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
96
Formato
Rústica
Colección
Tambo
12,00€

Rigorosamente humano es del autor Álvarez Torneiro, Manuel y trata de A voz poética de Manuel Alvarez Torneiro necesita espazo porque arrastra ecos dunha memoria en permanente estado de alerta. "Rigorosamente humano" ergue, cos cachotes do tempo, un castelo onde o corazón aprende a facerse forte. Este poemario é un refuxio de sílabas e de cores, de filmes e de melodías; desde o efémero, certamente, e contra o efémero, asemade; canda os beatos de Cluny e Bach e Leopardi; e tamén con nosoutros todos, os seus lectores agradecidos por tanta alquimia lírica. Reina nestas páxinas, feramente oceánica e rigorosamente humana, a beleza convocada sempre e máis despois. A beleza como nación do poema... A beleza, ese espazo necesario, ese proxecto ou expectativa de remedio curativo, "ese interior de auga que se pensa na sede", como reza nun dos fermosos poemas deste libro que a colección Tambo rescata na súa versión definitiva agora, 20 anos despois da súa primeira publicación, tras recibir o Premio Esquío.