Finalista do I Premio de Novela Vilar Ponte (2018) O relato de Leira Castro é, segundo o xurado, “unha radiografía da sociedade galega actual” con “dinamismo narrativo e polifonía de voces”, que realiza “unha excelente recompilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”. *** Un ingreso hospitalario fai saltar polos aires un triángulo familiar no que nada é o que parece. Unha muller trastornada. Unha muller apoucada. Unha muller de armas tomar. Unha trama intrigante na que todas son vítimas e verdugas. O crime perfecto nunha familia imperfecta.