A árbore desvelada

Autor
Xavier Seoane
Editorial
Faktoría K De Libros
ISBN
9788419213563
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
168
Formato
Rústica
Colección
Tambo
Ilustrador (portada)
Christian García Bello
Ilustrador (interior)
Christian García Bello
Dimensiones
14,5 x 21 cm
15,00€

A deste libro é unha voz que entende a poesía como o labor de tecer verbas e urdir signos e sons cos vimbios esvaradíos do tempo e do aire. Isto é, á fin, o mellor que o poeta ten para dar as grazas en homenaxe e celebración de persoas, feitos ou lugares que o acompañaron ao longo dos anos, deixándolle un pouso impagable. Son versos que nos levan desde o abraio ante a obra ou a sensibilidade dunha figura exemplar ata a exaltación dunha feliz experiencia ou das vivencias que propician as viaxes. Versos, ao tempo, que tampouco non esquecen deixar un testemuño de repudio dos acontecementos que ensombrecen o mundo que nos tocou vivir. Xorden así, nos labirintos da palabra, poemas que acaban por compoñer unha posible constelación, un vago mapa, unha certa paisaxe afectiva e moral...