Unha das obras máis populares da narrativa galega é A nosa cinza. Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) relembra o mundo da infancia a través do seu protagonista, un rapaz que medra durante os anos da posguerra. Os días da escola, a adolescencia, coas súas inseguridades e medos, o espertar dos sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade cóntanolos o autor coa frescura e autenticidade do vivido. A experiencia cotiá feita literatura.