A REAL XURISDICIÓN DE BAIONA EN 1750

Autor
Avelino Sierra Fernández
Editorial
Edicións Fervenza
ISBN
9788419840424
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
Peso
615 gr
Dimensiones
17 x 24 x 1,4 cm
25,00€

Esta monografía é un estudo sobre a situación xurídica, social, política, económica, cultural e relixiosa das dezasete parroquias que dende 1628 a 1833 conformaban a real xurisdición de Baiona. As súas páxinas achégannos a situación xeral de subsistencia dos seus moradores na década central do século XVIII, fronte a opulencia e regalía duns poucos fidalgos. "A Real Xurisdición de Baiona en 1750", da autoría de Avelino Sierra, constitúe un importante recurso para coñecer o espazo, tempo e xentes do Val Miñor de fai preto de tres séculos, caídos no esquecemento, pero que constituíron o alicerce do conforto, benestar e solaz que desfrutan as actuais xeracións.