Sinopse
Dous anos despois de Perigo vexetal Said e Sheila, os nosos amigos do futuro, vivirán unha nova e aínda máis emocionante aventura.
Todo comeza un día en que polo río baixan centos de peixes mortos, aquilo non pode ser, xa que no ano 2077 non existe a contaminación.
Despois de analizar un peixe, Sheila e Said deciden investigar, e as cousas empezan a complicarse...