A obsesión pola beleza do efémero, dos obxectos superfluos e das atmosferas kitsch está na cerna deste volume. Compóñeno versos lanzados desde o lugar estético do videoclip e, por tanto, xenerosos en golpes de música e imaxes.Son reflexo dun mundo urbano, nocturno e inhóspito. Mais tamén o espello dunha realidade mutuamente contaxiada pola lentitude da aldea, porque a destas páxinas é unha voz poética híbrida, irmá da mestizaxe, filla das marxes e netada periferia.