DOUS OLLOS. UNHA NARIZ. UNHA BOCA

Autor
Ronsel Pan
Editorial
Editorial Toxosoutos
ISBN
9788412962802
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
60
Formato
Rústica
Colección
Letra Inversa
Peso
65 gr
Dimensiones
10,5 x 16,5 x 0,5 cm
11,00€

Crear realidades outras. Rostros que non existen. Retratos de non-retratos. Rostros que, se fosen xigantes, falarían co espectador-lector. Que lles din? Que os ollen. Incluso que imaxinen que falan, que volven reais, nun tempo de fantasía etérea. Que os interpelen. E todo, en silencio. No máis absoluto silencio dun libro. Non son primeiros planos dun filme inexistente, que remiten ao real, son rostros en papel con pilot, que na túa imaxinación se poden volver xigantes. E que non poden existir na realidade. Rostros minimalistas de rapazas ledas. Todas levan un sorriso. Sabemos o que expresan. Os xestos son transparentes. Os trazos exactos. A ledicia como factor común. Retratos imaxinados que non se realizan desde o real. Non son reproducións, senón creacións. Non os poderemos ver no mundo só no libro.