O LIBRO DE MONELLE

Autor
Marcel Schwob
Editorial
Medulia Editorial
ISBN
9788410324503
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
126
Formato
Rústica
Colección
Traducion
Peso
196 gr
Dimensiones
15 x 23 x 1 cm
17,90€

Malia ser un dos mestres de moitos dos grandes mestres da narrativa moderna e contemporánea, o escritor, ensaísta, crítico e tradutor francés Marcel Schwob (1867-1905), asociado co simbolismo, segue a ser hogano incriblemente descoñecido pola maioría dos lectores e mesmo dos narradores actuais. Entre as súas obras máis celebradas e influíntes salientan Corazón dobre (1891), O rei da máscara de ouro (1892), Mimos (1894), A cruzada dos nenos (1896), Vidas imaxinarias (1896), A porta dos soños (1898), así como os seus estudos lingüísticos verbo do argot francés, os seus ensaios literarios (Espicilexio, 1896) ou as súas traducións de dramas e novelas de William Shakespeare, Daniel Defoe ou Thomas de Quincey. No ano 1891 Marcel coñeceu a Louise, “Vise”, unha obreira e prostituta de vinte e tres anos que, ende mal, morrería dous anos despois, no 1893, por mor da tuberculose. O pasamento do seu amour fou sumiu a Schwob na absoluta desesperación, e, secasí, foi quen de sublimar a vida daquela “muller-nena” transformándoa na protagonista d’O libro de Monelle (1894), unha obra extraordinaria, insondable que ata o de agora nunca vira a luz en galego.